Pontevedra
Os Premios Feroz, "un sopro de aire fresco" que chega de Donostia a Pontevedra con La Dani como presentador
Os cineastas Paula Ortiz, Eduardo Casanova, Lois Patiño e Víctor Iriarte participarán nas actividades previas á gala dos Premios Feroz en Pontevedra este mes de outubro
Dez anos sen demoler un "grave atentado á paisaxe" en Marín: un xulgado condena a "inescusable" demora da Xunta
"É un lapso de tempo excesivo, máis que suficiente para, cunha mínima dilixencia, podelo derrubar", di o xuíz sobre a lentitude do Goberno galego en actuar contra un edificio a medio construír na praia de Lapamán
Bueu respira cine nunha nova edición do seu festival de curtas, que excluíu os traballos con financiamento de Israel
O Festival Internacional de Cinema de Bueu, que chega á súa 17ª edición, comeza o vindeiro venres 6 e desenvolverase ata o 21 de setembro. A programación, presentada este venres, inclúe a estrea absoluta no Estado español de 15 curtametraxes procedentes dunha ducia de países.
A Xunta activa a prealerta por “escaseza moderada” de auga no sistema do río Lérez
A Oficina Técnica da Seca acordou adoptar esta medida ante o descenso do caudal circulante rexistrado na zona desde mediados de xullo, polo que se intensificará o seguimento da situación meteorolóxica e os niveis dos ríos, encoros e acuíferos. Os concellos afectados pola prealerta son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
Unha manifestación volve pedir a fin da feira taurina de Pontevedra, excepción nunha Galicia libre de touradas: "se queren, poden"
A marcha convocada por Touradas fóra de Pontevedra partirá ás 20 horas do sábado da Praza da Peregrina, coincidindo coa celebración da primeira xornada da Feira, reducida un ano máis a unha soa fin de semana. A plataforma esixe do Concello a supresión do convenio que mantén cos propietarios da praza e da Xunta a modificación da Lei de Protección Animal que permite as touradas.
Máis límites aos pisos turísticos na zona histórica de Pontevedra
O goberno pontevedrés estende á zona histórica as restricións ás vivendas turísticas que xa rexían no centro da cidade: só en edificios completos, baixos ou primeiros andares. Inicialmente, a regulamentación nesa área retendeu "favorecer a rehabilitación de vivendas". Agora, indica o edil de Urbanismo, pretende "evitar males maiores" na "convivencia entre residentes e visitantes"
Pontevedra busca coñecer polo miúdo a situación da vivenda no concello, dende os pisos turísticos aos inmobles baleiros
O Concello encargará "proximamente" un detallado estudo sobre os inmobles baleiros susceptibles de ser alugados ou vendidos, a situación das vivendas de uso turístico e tamén co obxectivo de "contar coa información máis precisa para decidir a necesidade ou non da declaración de zonas de mercado tensionado".
Pontevedra berra “celulosas fóra” de Galicia nunha marcha conxunta contra Ence e Altri
Baixo o lema “Nin ence na Ría, nin altri na Ulloa… celulosas fóra!, persoas da área de Pontevedra-convocadas pola APDR- e da Ulloa –convocadas pola Plataforma Ulloa Viva- uniron forzas este domingo para berrar “celulosas fóra de Galicia".
- Reportaxe
- Acontece Pontevedra
A Ría, un tesouro en perigo
A actividade das mariscadoras viuse paralizada debido á alta taxa de mortalidade dalgunhas especies de marisco. A situación é unha das grandes preocupacións da veciñanza e induce á reflexión: está en perigo a nosa ría? Unha reportaxe elaborada por estudantes do Club Ecoloxista do IES de Poio
- Entrevista | Luis Bassat
- Acontece Pontevedra
“Méntese igual na publicidade ca na política”
A campaña “El nunca o faría” contra o abandono dos animais, o “gustirrinín” das coitelas Filomatic que relataba Miguel Gila nos anos 60, o “chup, chup, Avecrem”, ou mesmo o anuncio contra o tabaco que protagonizaba Johann Cruyff xa nos 90 saíron da cabeza de Luis Bassat (Barcelona, 1941). Recoñecido no sector como o “mellor publicista español do século XX” Bassat quixo tamén ser presidente do Barça mais non o conseguiu, algo que, a día de hoxe prodúcelle certo “alivio”, segundo relata, posto que se pode dedicar á súa Fundación, a escribir libros ou a dar conferencias. Este xoves, 30 de maio, inaugura o congreso Fluor de comunicación dixital, que se celebra en Pontevedra.
- Crónica
- Política Pontevedra
A autovía "A Coruña - O Porriño" paralela á AP-9 'resucita' nos plans do Estado
Na súa visita a Galicia, o ministro de Transportes referiuse á previsión de remate, "a finais de ano", do "tramo Vilaboa-A Ermida" da "autovía A Coruña-O Porriño". Os plans de descontos pactados por PSOE e BNG e a sombra da sanción europea contra a prórroga de Aznar que levou a concesión da AP-9 a 2048 viran en aínda máis inverosímil que a Autovía do Atlántico pase algunha vez do papel