Ence e o PP celebran a permanencia da pasteira na ría ata 2073
A empresa di que a decisión xudicial "terá un impacto positivo estimado de 169 millóns de euros no beneficio de 2022", mentres que Greenpeace lamenta que "o medio ambiente sae perdendo"
A empresa di que a decisión xudicial "terá un impacto positivo estimado de 169 millóns de euros no beneficio de 2022", mentres que Greenpeace lamenta que "o medio ambiente sae perdendo"
Fronte á decisión contraria da Audiencia Nacional que consideraba que o Goberno de Rajoy non xustificara o emprazamento da fábrica en terreos públicos do litoral agora o alto tribunal acepta a prórroga porque contou con informes ambientais favorables
Trinta mulleres maiores de Silleda, Moraña e Mondariz participaron nos obradoiros de creación escénica do proxecto Acciona o rural, deseñado por Ana Fontenla, Celina Fernández Ponte e Andrea Dunia Díaz Casal. Todas elas son as protagonistas da curta 'Aquí está Carme', de Anxos Fazáns, resultado da experiencia vivida, como as fotografías que tirou Milena Vizoso
A investigación salienta a “situación psicoloxicamente vulnerable” das familias ao contratar servizos funerarios e como priorizan o lugar do velorio sobre outros factores, polo que os obstáculos para acceder a un tanatorio afectan o mercado e a cidadanía
Alcaldes e edís de PSdeG, BNG, EU e mesmo C's acudiron á xuntanza, á que declinou asistir o PP. Na vintena de municipios do distrito sanitario pontevedrés, advirten, ningún centro de saúde ou PAC "ten funcionamento normal" por falta de persoal, o que "conduce ao colapso das urxencias hospitalarias". O conselleiro Comesaña, que convocou os concellos para a vindeira semana, lamenta que a protesta non cite o Goberno de España
Este sábado asinouse un documento impulsado pola Deputación, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a Irmandade Xurídica Galega no que as entidades locais prometen empregar o galego nas súas actividades xurídicas e a incluír cláusulas nos contratos de licitación de servizos xurídicos externos para garantilo.
A antiga fábrica de Pontesa estaba a ser empregada como almacén polo Grupo Nogar, segundo o Concello de Pontevedra sen licenza
O proxecto de mellora da vella estrada a Marín inclúe parágrafos idénticos á enciclopedia de internet pero neles desaparece xusto o rexeitamento social á factoría e pola contra “resucita” Elnosa, xa desmantelada
CIG-Saúde denuncia a contratación de dúas ambulancias con persoal médico externo ao Sergas para cubrir os PAC da Parda e Baltar, que ficaron sen médico, sen informar ao persoal de enfermaría e do 061 que traballaba en fin de ano
Isidro Lago, que seguirá como presidente do Colexio Médico de Pontevedra, manifesta que mantén rota "todo tipo de relación" coa Consellería de Sanidade e busca a interlocución co presidente da Xunta. Por este motivo, considera "incongruente" representar ao órgano que agrupa aos Colexios Médicos das catro provincias
O accidente sáldase con sete persoas falecidas e só dúas sobreviventes, unha delas o condutor. Unha persoa que viu a varanda estragada na ponte e unha segunda chamada dende o interior do bus, que cubría a liña Lugo-Vigo, alertaron os servizos de Emerxencias. Foi precisa a intervención de axentes de actividades subacuáticas e dun helicóptero de Gardacostas para recuperar os corpos
O centro de maiores Campolongo de Pontevedra pon en marcha unha campaña para que os seus residentes reciban unhas palabras de agarimo nas festas de Nadal, "o tempo máis triste" para eles, para o que contan coa colaboración do alumnado da UNED