Aínda moita cocaína pero menos cánnabis: as augas residuais debullan o consumo de droga en Santiago
O consumo de cocaína en Compostela segue sendo elevado, con 610 miligramos por cada mil habitantes e día, pouco menos que o pico de 2023 e catro veces máis que hai unha década, segundo os datos do último estudo da UE sobre o consumo de drogas ilegais. No caso do cánnabis, o dato é o máis reducido dende que se realizan estas análises