"Sen rede non es igual de libre": 'Soños' leva ao teatro os estigmas da mocidade tutelada
A ONG Igaxes e as produtoras Culturactiva e Artefeito únense neste proxecto para "chegar á xente a través da emoción, empregando o teatro como ferramenta para mudar a realidade", como resume a actriz Victoria Pérez. 'Soños' está escrita por Fernando Epelde, dirixida por Tamara Canosa e conta ademais cos actores Anxo Outumuro e Sara Ferro. Estréase o día 24 en Santiago