As palabras constrúen cidades: a Selic propón seis roteiros literarios por Compostela
A quinta edición da Semana do Libro de Compostela celebrarase entre o 10 e o 19 de setembro, maioritariamente ao aire libre na rúa do Vilar e na Praza das Praterías. Ademais, Berta Dávila, Marcos Calveiro, María Abelleira, Óscar Senra guian media ducia de percorridos pola urbe construída na literatura.