As protestas no IES Antonio Fraguas conseguen a presencialidade total, pero aínda con dificultades para o alumnado
Educación rexeitou a contratación de máis profesorado e optou por realizar unha obra urxente que, coa derruba dun tabique, permitiu unir dúas aulas, xuntando na mesma clase a 31 estudantes. Porén, as familias denuncian a incomodidade xerada por un espazo demasiado grande, no que os rapaces teñen problemas para seguir as explicacións