En galego, do berce á tumba
Este xoves celébrase o Día da Restauración da Memoria Lingüística, promovido pola Asociación de Funcionarios en Lingua Galega, que leva anos promovendo o uso do idioma en cemiterios e necrolóxicas. O Concello de Santiago vén de editar un manual con propostas para o seu uso nas lápidas e en todos os ritos funerarios.