Chévere vese obrigada a abandonar Teo despois de seis anos como compañía residente
A nova responsable da área de Cultura do Concello comunicoulles en agosto que non está prevista a convocatoria dun novo concurso que permita manter a actividade. Desaparece "unha convocatoria pública innovadora, que contribuíu a transparentar as relacións entre as empresas culturais e a administración", destacan