Cara ao 28M
- Análise Cara ao 28M
- Política
As 'mareas' reinvidican o seu peso e espazo municipal oito anos despois de chegar ao poder
Este 28M o espazo das mareas concorre de forma unitaria nalgúns lugares e disgregado noutros. Hai unidade en Compostela, Vigo, Ourense ou Lugo, pero non en Ferrol e, sobre todo, na Coruña, onde se enfrontan Marea Atlántica e Por Coruña (coalición de Podemos e Esquerda Unida).
Mobilidade sostible, autoconsumo eléctrico e un novo modelo de xestión de residuos, claves do ecoloxismo galego para o 28M
O decálogo de propostas da Federación Ecoloxista Galega ás formacións políticas que concorren ás eleccións municipais fai fincapé tamén no aforro enerxético, nas producións agrogandeiras de proximidade e por moratorias locais para as plantacións de eucalipto
A Xunta salta o veto a inauguracións na campaña do 28M con reunións e convenios con alcaldes do PP que aspiran á reelección
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, prodígase prometendo obras en concellos gobernados polos populares
- Datos Cara ao 28M
- Política
Apenas o 27% das candidaturas están encabezadas por mulleres, con maiores cifras en BNG e PSdeG e menores no PP
Das 1.176 listas presentadas para o 28M en Galicia, 860 están encabezadas por homes e 316 por mulleres, un 26,9%, pouco máis de 1 de cada 4. Hai catro anos a porcentaxe foi do 25,4% e no 2015 foi do 21,8%.
A Rede Galega contra a Pobreza pon o foco no 28M na "emerxencia do acceso a unha vivenda digna"
As entidades que forman parte de EAPN-Galicia pregúntanlles ás distintas formacións que concorren ás eleccións municipais: "Cantas vivendas se comprometen a facilitar na vindeira lexislatura?", "onde van estar situadas?" e "como pensan afrontar cada unha das problemáticas que afectan ao acceso á vivenda digna e accesible?
- Crónica Cara ao 28M
- Política
Outro coche oficial crúzase en campaña ante Feijóo e Rueda catorce anos despois
O actual presidente e o seu antecesor e agora líder estatal do PP basearan parte da súa oposición a PSdeG e BNG en acusacións dun suposto desbalde e gusto polo "súper luxo" nos coches oficiais. Agora a cuestión non é a mera existencia do coche oficial e un suposto "luxo" por usalo, senón que Baltar conduce un deles a 215 quilómetros por hora. Se fose condenado a prisión pasaría a ser electoralmente inelixible. Se a condena fose outra, en todo caso, deixaría nunha posición delicada á dirección estatal do PP que agora encabeza Feijóo
9 concellos cambiaron de cor política a través de mocións de censura, a maior parte en beneficio do PP
Foron Mugardos, Sada, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, A Baña, Ribadavia, Castrelo de Miño e Viana do Bolo e en seis deles os populares fixéronse co bastón de mando. Ademais, as Alcaldías de Catoira, O Porriño, Laza, San Amaro e Samos mudaron de partido a través doutros procesos.
Pontón ve no BNG "o entusiasmo, a vitalidade e o optimismo" que precisa Galicia e augura un resultado "histórico" o 28M
"O BNG está aquí para construír unha nova Galiza que xa estamos vendo que emerxe nos concellos onde temos a responsabilidade de gobernar", asegurou a portavoz nacional do Bloque nun encontro con candidatos e candidatas para as municipais celebrado en Compostela
Pedro Sánchez augura a vitoria municipal do PSdeG e "cambio en Galicia" tras as xerais
O presidente do Goberno de España arranca a precampaña galega do 28M na Coruña, no acto de presentación da candidatura de Inés Rey.
- Mapas interactivos Cara ao 28M
- Política
As opcións do 28M: o PP presenta listas en todos os concellos, o PSdeG faltará en 8 e o BNG, en 48
Os socialistas teñen catro candidaturas máis que no 2019 e o Bloque presenta 18 máis que hai catro anos. Vox suma un total de 39 listas e Podemos e Esquerda Unida (xuntos, por separado ou dentro doutras candidatutas) están presentes en preto de corenta localidades. En 33 concellos só se presentaron dúas listas: a do PP e outra máis, alternativamente PSdeG ou BNG. No outro extremo, A Coruña é a cidade con máis ofertas electorais: 12.
Concellos galegos ou concellos de Galicia
Xosé Antón Jardón