- Reportaxe Contra a violencia machista
- Cultura Santiago
'Caídas' cuestiona en escena a superación do que pasaron as mulleres no Padroado de Protección do franquismo
Redrum Teatro volve apostar pola confrontación da realidade enriba dos escenarios, por que o público saia das representacións coa necesidade de comentar a experiencia vivida. Un ensaio homónimo da investigadora Montse Fajardo, como xa ocorreu coa obra 'Invisibles', serve de punto de partida para o texto dramático que asinan Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. 'Caídas' vén de estrearse en Compostela e pode verse esta fin de semana en Moaña e Baiona