Violencia machista na Armada: cuarta condena por agresión sexual na escola de Ferrol
Un tenente de navío admite "contactos físicos non consentidos" cunha alumna á que dixo "estás moi boa, fodíate", no que supón un novo caso con responsabilidade civil do Estado porque os implicados estaban de uniforme na cantina da escola. É a cuarta sentenza firme en tres anos