A policía detén o mozo da muller acoitelada en Lugo noutro posible caso de violencia machista
A vítima foi asasinada na súa casa o pasado venres e a súa parella foi detida este sábado como presunto culpable da súa morte.
A vítima foi asasinada na súa casa o pasado venres e a súa parella foi detida este sábado como presunto culpable da súa morte.
Unha veciña octoxenaria da Pastoriza foi asasinada polo seu marido no serán do sábado. As vítimas mortais da violencia machista en Galicia elévanse a 62 dende o inicio da estatística oficial
300 mulleres replicaron a intervención do colectivo chileno 'Las Tesis', traducida ao galego e con modificacións na súa letra. Nos últimos días houbo tamén performances en Pontevedra e A Coruña e están igualmente convocadas en Vigo, Ferrol e Padrón. Falamos con Pilar Estévez (PFG)
Unha trintena de localidades galegas acolleron mobilizacións contra a violencia machista, secundadas por milleiros de persoas, tras unha xornada de actos contra as agresións de xénero por todo o país
O Colexio de Xornalistas fai balance da aplicación deste documento, redactado en outubro de 2004. Destaca os "pasos adiante" e o "maior compromiso" das redaccións, pero alerta dunha "perigosa tendencia á espectacularización destas informacións".
O movemento feminista galego convoca esta tarde unha trintena de concentracións nas cidades e vilas máis importantes do país para denunciar a violencia machista. Saliéntanse os "avances" que se están a producir, pero reclámase afondar na aplicación das medidas aprobadas
Un novo proxecto de educación en igualdade do IES de Arzúa aposta por facer visibles algunhas mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e momentos hitóricos" sen "obteren o mesmo recoñecemento ou teren as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns"
A Deputación da Coruña, o Concello de Santiago ou o Concello de Pontevedra levan anos traballando a violencia machista nos centros de ensino a través de programas específicos. Falamos con María Muíño, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña.
España ratificou o Convenio de Istambul en 2014 e aprobou o Pacto de Estado contra a violencia de xénero en 2017. Porén, moitas das súas disposicións seguen sen aplicarse na lei e na atención ás vítimas. Tanto no ámbito xudicial, coma no policial, no educativo ou na prevención
Institucións impulsoras da campaña xúntanse en Lugo no acto simbólico de adhesión á iniciativa. A quinta edición da iniciativa pon o foco na educación, por factores como "o aumento da vulnerabilidade fronte á violencia de xénero das mulleres en idades cada vez máis temperás"