Os parques infantís comezan a abrir esta semana con críticas á Xunta pola escasa marxe de tempo dada aos concellos
Boa parte dos concellos adían a apertura ata levar a cabo desinfeccións e o cálculo da capacidade máxima permitida para cada instalación. Varias localidades acusan o Goberno galego de non ter achegado recursos para garantir a posta en marcha con seguridade e o PSdeG fala de "improvisación" de Feijóo.