![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/montaxe-peza-anuncios-covid-99270ce.jpeg)
A Xunta inxecta un millón de euros en varios medios a través de Turismo para publicitar accións sobre o coronavirus ata xullo
Os vinte e dous convenios, asinados pola Axencia Turismo de Galicia o pasado maio con outras tantas empresas editoras de medios de comunicación, suman 1,1 millóns de euros procedentes da partida "promoción e difusión do turismo". Estes convenios foron rubricados e están en vigor á marxe doutras accións de comunicación e publicidade institucional sobre o coronavirus, caso dun contrato de 394.000 euros da Secretaría Xeral de Medios