- Datos Coronavirus
- Acontece
Só un novo diagnóstico do coronavirus en Galicia e máis de cen novas curacións sen referencia temporal do Sergas
Sanidade indica un novo falecido para un total de 618; na última semana os novos falecementos ligados á covid-19 foron tres. O gran incremento de "curacións" nun só día débese á suma dun golpe e sen referencia temporal de 104 altas epidemiolóxicas de persoas que estaban illadas nos seus domicilios por padeceren a covid-19 e que deron negativo en días que poden ser diversos