![](https://praza.gal/media/cache/opinion_article_author_thumbnail/uploads/taboada-68f09c3.jpeg)
Coronavirus
- Documento Coronavirus
- Acontece
A Xunta negociou cos centros de día a reapertura que agora frea entre alertas de "deterioro" de maiores e dependentes
Responsables de centros de día relatan que negociaran durante as últimas semanas coa Xunta unha reapertura inminente. Tras anunciar Feijóo que non poderán reabrir ata setembro, a Consellería de Política Social confirmóullelo por carta. A Federación Alzhéimer Galicia súmase ás voces que reclaman a reapertura
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un falecemento e ningún diagnóstico novo de coronavirus na última xornada en Galicia
Os "positivos activos" dos que informa a Xunta son 17 menos e quedan en 732, mentres que as persoas que o Sergas considera curadas chegan a 9.958, vinte e dúas máis. As persoas falecidas pola covid-19 son 616 segundo o Sergas e o Ministerio ten pendente de confirmar se sete deses casos se deben ao coronavirus. Mentres a Xunta segue sen publicar todos os seus datos, Feijóo acusa o Estado de "improvisación de proporcións moi lamentables" na información
O groso da fin do desconfinamento será competencia da Xunta grazas aos pactos do Goberno central co PNV e ERC
Sánchez confirma que a sexta prórroga do estado de alarma será a derradeira e na nova redacción do decreto, as presidencias autonómicas terán a consideración de autoridade competente delegada ao mesmo nivel que o ministro de Sanidade
De Antonio Rosón ás vítimas do coronavirus: os loitos oficiais da historia da Xunta
O mes decretado polo Goberno galego agora ampliado outros cinco días é o período máis longo da ducia de loitos institucionais galegos, que abarcan desde accidentes e atentados a pasamentos de persoeiros internacionais como o Papa
Anatomía da semana que nos expulsou da 'vella normalidade': dos primeiros peches ao confinamento
O que sucedeu nos días previos ao confinamento para frear o contaxio do coronavirus segue sendo obxecto de controversia e o día e case a hora concreta de cada restrición, no centro da disputa política. Percorremos algúns dos fitos máis destacados daquelas xornadas, as últimas da 'vella normalidade'
Coronavirus: mascarada fascista
Iolanda Teixeiro- Datos Coronavirus
- Acontece
Só tres persoas na UCI con coronavirus en Galicia tras tres días sen falecementos
Na última xornada o Ministerio indica que o Sergas reportou un único diagnóstico novo da covid-19 en Galicia. O número de falecementos ligados ao coronavirus segue, segundo o Sergas, en 615; o 44% deles eran persoas que viviran en residencias de maiores e dependentes. As persoas hospitalizadas con test positivo son apenas 39; no pico da pandemia eran 1.068
Os concellos post-coronavirus: máis espazo para os peóns e fomento do comercio local
A Federación Española de Municipios e Provincias lanza un documento con 250 medidas de transformación local, que inciden na mobilidade sustentable, na defensa dos servizos públicos, na transición ecolóxia ou no consumo de proximidade. Varias cidades e vilas galegas puxeron xa en marcha algunha destas iniciativas, pensando no tempo posterior á pandemia
A Xunta non reabrirá este curso as escolas infantís, pechadas dende marzo polo coronavirus
A Xunta avanza que prevé aprobar un "bono coidado extraordinario" de ata 500 euros mensuais para familias con ingresos de ata 806 euros por membros que contratasen coidados a domicilio para nenas e nenos a partir do 13 de marzo
- Documentos Coronavirus
- Acontece
A Xunta frea a reapertura dos centros de día que preveu o 12 de maio e seguirán pechados ata setembro
O protocolo enviado por Sanidade hai dúas semanas coas indicacións para a reapertura incluía un amplo capítulo para os centros de día; tras o anuncio de Feijóo sobre o peche ata setembro, Política Social remíteos a unha versión diferente do documento que non inclúe mención ningunha a estes centros. Centros de día como o de Verín afirman que souberon polos medios de comunicación da decisión de non reabrir ata setembro, mentres a Xunta asegura que se dispón a aprobar axudas que compensen o peche ás familias e ás empresas propietarias de instalacións coma estas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma só un novo diagnóstico de coronavirus noutra xornada sen mortes pola enfermidade
Tanto os datos no Ministerio de Sanidade coma os do Sergas amosan que continúa a melloría dos datos galegos, sen novos focos ou rebrotes a pesar da recuperación da actividade. Só se detectaron 15 casos cuxos síntomas comezaran nos últimos 14 días, e apenas 3 casos con síntomas iniciados nos últimos 7 días