
Coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só tres persoas na UCI con coronavirus en Galicia tras tres días sen falecementos
Na última xornada o Ministerio indica que o Sergas reportou un único diagnóstico novo da covid-19 en Galicia. O número de falecementos ligados ao coronavirus segue, segundo o Sergas, en 615; o 44% deles eran persoas que viviran en residencias de maiores e dependentes. As persoas hospitalizadas con test positivo son apenas 39; no pico da pandemia eran 1.068
Os concellos post-coronavirus: máis espazo para os peóns e fomento do comercio local
A Federación Española de Municipios e Provincias lanza un documento con 250 medidas de transformación local, que inciden na mobilidade sustentable, na defensa dos servizos públicos, na transición ecolóxia ou no consumo de proximidade. Varias cidades e vilas galegas puxeron xa en marcha algunha destas iniciativas, pensando no tempo posterior á pandemia
A Xunta non reabrirá este curso as escolas infantís, pechadas dende marzo polo coronavirus
A Xunta avanza que prevé aprobar un "bono coidado extraordinario" de ata 500 euros mensuais para familias con ingresos de ata 806 euros por membros que contratasen coidados a domicilio para nenas e nenos a partir do 13 de marzo
- Documentos Coronavirus
- Acontece
A Xunta frea a reapertura dos centros de día que preveu o 12 de maio e seguirán pechados ata setembro
O protocolo enviado por Sanidade hai dúas semanas coas indicacións para a reapertura incluía un amplo capítulo para os centros de día; tras o anuncio de Feijóo sobre o peche ata setembro, Política Social remíteos a unha versión diferente do documento que non inclúe mención ningunha a estes centros. Centros de día como o de Verín afirman que souberon polos medios de comunicación da decisión de non reabrir ata setembro, mentres a Xunta asegura que se dispón a aprobar axudas que compensen o peche ás familias e ás empresas propietarias de instalacións coma estas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma só un novo diagnóstico de coronavirus noutra xornada sen mortes pola enfermidade
Tanto os datos no Ministerio de Sanidade coma os do Sergas amosan que continúa a melloría dos datos galegos, sen novos focos ou rebrotes a pesar da recuperación da actividade. Só se detectaron 15 casos cuxos síntomas comezaran nos últimos 14 días, e apenas 3 casos con síntomas iniciados nos últimos 7 días
Valença e Tui reclaman a apertura da ponte que "une unha única realidade social e económica"
Case todos os pasos fronteirizos na raia continúan pechados, o que está a provocar un gran prexuízo económico e comercial nas localidades dunha e doutra beira. A partir do luns poderase cruzar tamén a través de Calvos de Randín. Na rolda de prensa conxunta, o alcalde de Valença subliñou que “Portugal non é só Lisboa e España non é só Madrid"
Unha vida post-coronavirus mellor do que foi: A Coruña e Santiago ofrecen apoio ás persoas sen fogar acollidas na pandemia
Os albergues instalados durante dous meses en pavillóns deportivos de toda Galicia comezan a pechar, unha vez relaxadas as normas de confinamento. Porén, varias localidades achegan alternativas de aloxamento ou itinerarios de inclusión para as persoas que pasaron por estas instalacións
Correos poderá recoller a domicilio o voto para o 12X sen que o electorado vaia á oficina
A Xunta Electoral Central habilita aos repartidores a dar fe da votación das persoas que queiran entregarlles o voto no mesmo momento en que reparten a documentación
A Xunta retira o plan que limitaba as vacacións a persoal de residencias de maiores no primeiro día de protestas
O persoal das residencias e outros centros de Política Social interpretou a limitación das vacacións como "a pinga que colma o vaso" tras o "gran esforzo" que están a realizar durante a crise do coronavirus. As centrais sindicais advirten de que a mobilización ten motivos máis amplos e se resume na reclamación dunha "aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos, de calidade"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Sétimo día sen mortes por coronavirus dende o inicio da pandemia en Galicia e só tres novos diagnósticos
O Ministerio de Sanidade indica que, dos 85 casos novos diagnosticados en Galicia nas últimas dúas semanas, apenas 14 tiveron inicio de síntomas neses últimos catorce días e só tres, na última semana. O número de "positivos activos" que indica o Sergas baixa en 24 casos e queda en 799 e a cifra de persoas que reporta como "curadas" aumenta en 51, ata as 9.849. A Xunta tamén dá conta de 14 positivos activos máis na área de Vigo, pero a ausencia dunha serie histórica completa do Sergas impide coñecer a súa referencia temporal
Decrecemento, novas raíces para a economía
Degrowth New Roots Collective