
Coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas notifica dez casos máis de coronavirus nunha xornada sen diagnósticos novos por primeira vez dende o 12 de marzo
Este luns aparecen algunhas "discrepancias" nas cifras ofrecidas polo Ministerio de Sanidade, que afectan aos datos globais, "resultado da validación dos mesmos por parte das comunidades autónomas"
O TSXG acredita que residencias privadas de maiores incumprían o descanso do persoal previsto no convenio
Unha sentenza dá a razón a CC.OO., CIG e UGT, que esixían o respecto dun descanso semanal mínimo de 48 horas e a compensación por traballar en días festivos recollida polo acordo asinado en 2018. Os sindicatos levan anos denunciando a vulneración dos dereitos laborais e a sobrecarga de traballo
Cando a excepción se converte en normalidade
Carmen NovoO PP volverá deixar a Xunta sen altos cargos con funcións na loita contra o virus para que poidan ter escano no Parlamento
Os doce cargos cesaron a comezos de marzo para concorrer ás eleccións de abril e Feijóo repúxoos en canto as desconvocou, só tres días despois de restar importancia ás súas vacantes
- Guía Coronavirus
- Acontece
Galicia entra na fase 2: máis actividade comercial e de ocio na mesma provincia
Desde este luns, bares e restaurantes poderán servir no interior e as grandes superficies comerciais e os cines reabren con limitacións. As praias volven permitir bañistas e desaparecen as franxas horarias para paseos e deporte
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus que brotan en Galicia caen ao nivel mínimo dende o inicio da pandemia
Nas últimas vinte e catro horas rexistráronse en Galicia só 7 novos diagnósticos da covid-19, aos que se une o reporte de 11 positivos en test de anticorpos. O Sergas dá conta dun único falecemento e o total chega ás 613 persoas, 271 delas residentes en centros de maiores e dependentes. Nesta xornada houbo só unha nova hospitalización e foi nunha UCI
Feijóo cuestiona a aplicación do ingreso mínimo vital que o Goberno central implantará en xuño
O presidente da Xunta reclama coñecer se a renda mínima do Estado se vai "solapar" coa Risga, aínda que o ministro Escrivá xa advertiu de que serían "complementarias". A Xunta aspira a ser unha das comunidades que abandona o mando único e limitar a entrada de visitantes.
O medo e os números. Iso da prevalencia?
Antonio Gregorio- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
O pacto para controlar á Xunta no Parlamento na crise do coronavirus durou dúas semanas
O acordo para recuperar o control parcial á Xunta no Parlamento foi rubricado cando o estado de alarma polo coronavirus aínda era un obstáculo para volver convocar as eleccións galegas e incluía un parágrafo aparentemente inocuo que permite agora ao PP dalo por finalizado. Nas filas da actual oposición asumen que non haberá máis control e din dar por sentado que o que si continuará será o uso da CRTVG por parte do PP en beneficio do candidato Feijóo, quen afirma que a manipulación está en TVE
A Xunta asume o dilema: anima ao retorno do turismo e advirte de que suporá risco de rebrote do coronavirus
Feijóo anima á chegada masiva de visitantes ao tempo que recoñece que é "o maior risco" de novos abrochos do virus e un "problema a medio e longo prazo". O Sergas e os informes encargados pola Xunta advirten da posibilidade de volver aplicar medidas restritivas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Repuntan lixeiramente os diagnósticos de coronavirus en Galicia con 14, a cifra máis alta en dez días
Ourense deixa de ser case dous meses despois a área sanitaria con maior incidencia, adiantada por Vigo, e todas elas seguen á baixa canto a casos activos