
Usuarios das residencias de DomusVi inician unha demanda colectiva contra a empresa pola súa xestión na pandemia
A iniciativa, de ámbito estatal, será levada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios e podería presentarse no outono. Acusan á compañía de incumprir as condicións previstas nos contratos, con eivas no servizo que poderían ter incrementado os contaxios. Algunha das 30 residencias de DomusVi en Galicia tiveron as maiores cifras de infectados e mortes.