
O Goberno central dá luz verde ao ingreso mínimo vital, que se empezará a cobrar en xuño
Pedro Sánchez anuncia que a renda básica será aprobada no Consello de Ministros do vindeiro martes, será "permanente" e chegará a uns 850.000 fogares vulnerables. O presidente do Goberno central anuncia que o turismo estranxeiro poderá visitar España desde xullo.