- Documento Coronavirus
- Política
Mobilidade e competencias: as peticións do BNG ao PSOE para volver votar "si" ao estado de alarma
Fronte á petición de mobilidade total entre provincias, os socialistas terían disposición a un acordo semellante ao acadado co PNV, permitindo desprazamentos entre concellos lindeiros aínda que se atopen en provincias diferentes. En materia de competencias, a emenda do BNG reclama que as autoridades competentes delegadas da nova fase do estado de alarma sexan o ministro de Sanidade e "o presidente ou presidenta das comunidades autónomas"