
Coronavirus
Galicia tería UCI dabondo para avanzar no desconfinamento, pero precisaría máis camas hospitalarias
A Xunta asegurou nas últimas semanas estar en condicións de habilitar ata 400 postos de UCI, polo que podería superar o limiar esixido polo Ministerio. Mentres, Galicia disporía na actualidade dunhas 33 camas en funcionamento por cada 10.000 habitantes, cando o estipulado para erguer as restricións pola covid-19 é un mínimo de 37. A Consellería de Sanidade asegura, non obstante, estar en condicións de cumprir os requisitos se cómpre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O forte descenso da contaminación nas cidades galegas durante o confinamento abre o debate sobre a mobilidade do futuro
O descenso das emisións en Vigo foi do 64% e na Coruña do 59%, segundo un estudo de Ecoloxistas en Acción, e os datos son moi semellantes en Compostela e noutras urbes do país. A redución do uso do coche durante estas semanas tivo efectos inmediatos, que a entidade aposta por estender no tempo.
A oposición carga contra o "interese electoral" de Feijóo por acabar co estado de alarma malia "poñer en risco vidas"
PSdeG, Galicia en Común e BNG critican que o presidente xa lles dese tres plantóns outros tantos domingos e non comparecese no Parlamento en abril como prometeu
- Datos Coronavirus
- Acontece
Abrollan 44 casos novos de coronavirus en Galicia e a suba supera a media estatal malia á diminución de probas
Galicia está por riba da media estatal en incremento de casos novos e incidencia acumulada nas últimas dúas semanas; o Sergas contabiliza unha diminución de 131 positivos activos e 6 falecementos máis ata chegar a un total de 569
- Análise Coronavirus
- Acontece
A Xunta non contempla publicar unha estatística completa do coronavirus malia ás distorsións da última semana
Tras case dous meses de información regular sobre positivos activos, altas e falecementos, a Xunta introduciu bruscas modificacións na estatística do coronavirus ata facer imposible comparar os datos previos ao día 28 con todos os posteriores. Feijóo ratifica, non obstante, que o Goberno galego non prevé divulgar os datos completos
- Guía Coronavirus
- Acontece
Día cero do desconfinamento: máscaras obrigatorias no transporte e comercios con cita previa
O uso da máscara pasa a ser obrigatorio en todo o transporte público e o Estado prevé a distribución de 835.500 entre este luns e martes en Galicia. Limitación de aforamentos, maiores distancias de seguridade e encargas por teléfono ou internet marcarán a reapertura de negocios que permanecen pechados por mor do estado de alarma dende mediados de marzo
Feijóo clama contra a extensión do estado de alarma, cuxa fin é imprescindible para convocar as eleccións
Feijóo volveu cargar con dureza contra "a forma e o fondo" do plan de desconfinamento, pero poñendo o foco na súa reclamación de que finalice o estado de alarma, que di cuestionar por restrinxir os "dereitos fundamentais" mentres reclama unha "fórmula" para a convocatoria das eleccións, condicionada por decreto ao seu levantamento
Día da Liberdade de Prensa na pandemia: "Nunca houbo tanta demanda de información que cambia a túa vida"
O manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, asinado por María Piñeiro, constata que, xunto a un histórico incremento da demanda de información, a crise do coronavirus trae consigo a enésima vaga de precariedade laboral e restricións informativas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Seis mortes e 65 positivos novos por coronavirus en Galicia mentres os datos da Xunta e do Ministerio viran incomparables
O Ministerio reflicte 65 novos casos detectados en Galicia mentres o acumulado de positivos reportados polo Sergas aumenta en 52 e as "curacións" soben máis do que diminúen os positivos activos. Un dos seis novos falecementos foi dunha persoa que vivira nunha residencia de maiores; do total de 563, 253 eran residentes nestes centros
De maiores zonas peonís a despachos con máis distancias: cidades galegas para o desconfinamento
Incivismo ou pouco espazo? Obviar as normas ou bater polas bravas coa realidade de que partes das nosas cidades seguen concibidas para os coches? Concellos urbanos galegos combinan a ampliación provisional de zonas peonís para os primeiros paseos tras o confinamento coa posta en valor do traballo feito na ampliación de espazos públicos para camiñar. Repasamos algunhas das medidas en marcha e outras que están por vir
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
A pandemia máis alá: olladas galegas á crise do coronavirus polo mundo
Falamos con galegos no Brasil, Suíza, Reino Unido, Estados Unidos ou Portugal para afondar nas medidas contra a expansión da covid-19 e a resposta social e política doutros países.