
Coronavirus
Máscara obrigatoria no transporte público no inicio do desconfinamento, para o que Sánchez defende o estado de alarma
O presidente do Goberno central mantén que "non hai plan B" para o estado de alarma por ser "o único instrumento para garantir a restrición de mobilidade", e reitera que está aberto á peticións como as da Xunta sobre o desconfinamento por áreas sanitarias, pero defende a provincia como referencia xeral
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dúas mortes e medio cento de casos novos de coronavirus en Galicia entre datos dispares
O Ministerio de Sanidade reflicte 54 novos casos de coronavirus detectados en Galicia mediante probas PCR nas últimas 24 horas mentres o total acumulado de datos do Sergas aumenta en 45; as mudanzas no cómputo introducidas pola Xunta esta semana tornan os novos datos en incomparables cos rexistrados ata o pasado día 28
- Datos Coronavirus
- Acontece
As outras gráficas do coronavirus: así mudaron as nosas vidas durante o confinamento
Os datos de mobilidade, emprego, contaminación, violencia de xénero, chamadas de emerxencia, comercio polo miúdo ou sobre o prezo da vivenda amosan os grandes cambios vividos nos últimos dous meses, que deron a volta á nosa normalidade.
Medo
Llerena Perozo PorteiroCuspindo ao #EstamosXuntosNisto
Ana VeigaA raia reclama a Madrid e Lisboa que abran máis pasos fronteirizos para o persoal que debe cruzar cada día
Responsables municipais das dúas beiras do Miño piden coordinación no desconfinamento aos dous estados e asumen que a libre circulación tardará en volver
A Rede de Apoio Mutuo da Coruña deu apoio a máis de cinco mil persoas dende o inicio do confinamento
Esta plataforma, composta por 12 grupos de barrio e outros seis de traballo específico, fabricou e distribuíu máis de 3.000 máscaras de protección, atendeu necesidades alimentarias de emerxencia e emprestou acompañamento emocional en toda a cidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
A situación do coronavirus volve empeorar en Galicia, con 8 mortes e 151 novos positivos notificados no último día
A diferenza do xoves, cando non houbo falecementos e só 22 novos casos, este venres as cifras aumentan. De feito, Galicia é a segunda comunidade autónoma onde máis medran os positivos, só por detrás de Cataluña e por diante mesmo de Madrid. As boas novas chegan polo ascenso das curacións e o descenso na ocupación hospitalaria
- Documentos Coronavirus
- Acontece
As excepcións á norma xeral dos paseos: por conciliación, para acompañar maiores ou en entidades locais menores
O BOE recolle unha serie de matices ás saídas por franxas horarias que as fan máis flexibles que as propostas pola Xunta, ao tempo que restrinxe a agricultura de autoconsumo a unha soa persoa que xa non terá que portar unha declaración responsable
- Datos Coronavirus
- Economía
Mocidade, mulleres e empregos precarios, os máis prexudicados en Galicia pola crise do coronavirus
A destrución de postos de traballo afectou en primeiro lugar aos sectores máis precarizados do mercado laboral, segundo as cifras correspondentes a marzo incluídas na EPA ou nos datos da Seguridade Social. Tamén aos concellos costeiros.
Liberdade e saúde pública
Xoán Antón Pérez-Lema