En Galicia poderase pasar de curso con máis de dous suspensos, agás para obter o título de Bacharelato
A Consellería de Educación vén de remitir aos centros de ensino o documento de instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre, que detalla a forma que se rematará o actual curso lectivo, marcado pola epidemia de coronavirus.