O impacto económico do coronavirus déixase sentir en Galicia na automoción, o téxtil e a hostalaría
O Goberno central anuncia unha moratoria de seis meses para o pago de impostos para pemes e autónomos e unha liña do ICO para empresas turísticas
O Goberno central anuncia unha moratoria de seis meses para o pago de impostos para pemes e autónomos e unha liña do ICO para empresas turísticas
O Consello de Ministros reserva 1.000 millóns do fondo de imprevistos para atender "gastos extraordinarios" polo virus e advirte de que, se é preciso, fixará "prezos máximos" para medicamentos e material sanitario. "Trátase de coidarse para coidar aos demais, especialmente ás persoas máis vulnerables", subliña Pedro Sánchez sobre a necesidade de frear os contaxios
O organismo salienta que a súa función é garantir as liberdades públicas durante o proceso electoral, pero que este xa está condicionado polas medidas de protección da saúde
Este venres xa non será obrigatoria a asistencia e a partir do luns todos os colexios e institutos permanecerán pechados. Tamén quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios e limítanse as concentracións de persoas a 500 persoas en espazos pechados
Nin a lei electoral xeral nin a galega contemplan a posibilidade de frear un proceso electoral en marcha. As forzas políticas adaptan as súas axendas preelectorais á crise sanitaria mentres o estado de alarma é apuntado por fontes expertas como mecanismo máis viable para un eventual adiamento dos comicios
Suspéndese a manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo e tamén as concentracións pola Atención Primaria na Coruña ou as mobilizacións das Enfermeiras en Loita. Igualmente, adíanse a marcha pola reindustrialización de Ferrol, as protestas das nais e pais de Sarria ou a foliada impulsada pola Plataforma Touro-O Pino
Francisco Caamaño Isorna é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. Falamos con el sobre o estado no que se atopa a propagación do coronavirus en Galicia, as medidas adoptadas polas autoridade e sobre o que a cidadanía pode facer para colaborar no freo á extensión da enfermidade.
"O coronavirus ten unha capa de graxa que é imprescindible para el e esa capa destrúea o xabrón", explican dende o Sergas para subliñar a importancia do lavado das mans
29 dos positivos xa foron confirmados e outros 15 están pendentes dunha segunda análise. A cidade herculina chega a 29 casos, a maior parte relacionados cun centro social que xa foi clausurado. Vigo rexistra 6 casos, Pontevedra 4, e Lugo e Ourense 2 en cada área sanitaria
As feiras semanais están suspendidas en Valença e Cerveira e a atención presencial substituíuse pola telefónica ou electrónica
Falamos con representantes de CIG, CC.OO. e do sindicato O'Mega, que valoran as accións de control do Covid-19 postas en marcha polo Sergas, pero piden máis protección e información para o persoal. Ademais, alertan dos efectos dos recortes e esixen a contratación de profesionais de reforzo se a enfermidade se propaga.