
O Sergas rexistra 135 positivos por coronavirus en Galicia, tres altas e un falecemento
A área sanitaria con máis casos segue a ser a da Coruña, con 55, e a maioría das persoas infectadas reciben atención na casa, un total de 101
A área sanitaria con máis casos segue a ser a da Coruña, con 55, e a maioría das persoas infectadas reciben atención na casa, un total de 101
Provocan inquedanza posibles contaxios que obriguen a corentenas a todo o persoal dunha explotación, que son habitualmente familiares, e ninguén se poida ocupar dos animais
Bares, restaurantes e cafetarías só poderán prestar servizo de comidas a domicilio ou para consumir na casa; no comercio terán que pechar todos os locais que non sexan de alimentación, así como farmacias, gasolineiras e quioscos. O DOG especifica os negocios afectados e as excepcións
A área sanitaria con máis casos segue a ser a da Coruña con 45 e nela rexistráronse tamén as primeiras altas
As familias puxéronse en contacto coa Embaixada de España, pero quéixanse de que non teñen información desde o mércores e descoñecen cando poderán ver aos seus fillos, que se atopan ben
A Consellería deixa agora nas mans das direccións dos centros que o profesorado acuda ou non durante o peche polo coronavirus
A medida permite limitar temporalmente a circulación de persoas pero non afecta aos dereitos fundamentais da cidadanía
O Goberno galego só obriga a limitar a súa capacidade, pero os profesionais subliñan que a medida pon en risco a súa saúde e a de todas as persoas usuarias. Un gran número de concellos e deputacións si decretaron o peche total das súas bibliotecas
Case a metade dos casos continúan a concentrarse na área da Coruña, cun total de 43 nunha xornada na que se prevén novas restricións por parte dos gobernos galego e central
Pechan escolas infantís, bibliotecas e instalacións deportivas municipais. Ademais, suspéndense festas, feiras e outros eventos. Aínda que non se estableceron restricións para os locais de hostalería e ocio, varios establecementos comezan a anunciar o seu peche
A resolución aprobada pola Xunta estipula a "obriga de acudir ao centro educativo" para todo o persoal "docente e non docente" e o teletraballo non poderá superar "o 50% do seu horario total de permanencia do centro"
Este xoves a Xunta anunciou unha batería de restricións para frear a propagación do coronavirus, o mesmo que o Goberno central, concellos ou universidades. Ensino, eventos públicos, residencias e centros de día son algúns dos ámbitos afectados máis directamente polas medidas