
Coronavirus
A Xunta afronta a crise do virus con doce altos cargos baleiros tras cesar os seus titulares para iren nas listas do PP
Feijóo non considera prioritario facer novos nomeamentos e esperará a que se concrete como e cando se realizarán as eleccións
Concellos e cidadanía activan redes de solidariedade para auxiliar a poboación vulnerable durante a crise do coronavirus
En pouco máis de 24 horas máis de 530 persoas inscribíronse na rede de voluntariado lanzada polo Concello da Coruña, cidade na que a veciñanza puxo en marcha 12 grupos de apoio mutuo a nivel dos barrios
Persoal de telemárketing denuncia na Inspección de Traballo o incumprimento das medidas de prevención do coronavirus
No primeiro día laborable en estado de alarma algunhas persoas negáronse a ocupar o seu posto durante horas porque a separación é de menos de un metro e comparten os equipos, mesmo os cascos
Coroavirus e recesión económica: que non nos enganen!
Manoel BarbeitosO bus urbano pasa a ser gratuíto en Lugo polo virus e A Coruña impón medidas especiais de protección
Compostela tamén aplica medidas para evitar a proximidade entre pasaxeiros. Mentres, en Vigo o Comité de Empresa de Vitrasa esixe a aplicación de accións de prevención máis ambiciosas para protexer a condutores/as e usuarios/as
A planta de PSA de Vigo deixa de producir hoxe e pecha dende o mércores
A empresa decidiu o cese da actividade de todas as súas plantas en Europa ao longo desta semana pola "aceleración" na aparición de casos graves de coronavirus na contorna e as dificultades de suministro e dos mercados automobilísticos
Galicia rexistra o seu terceiro falecemento polo coronavirus e suma 239 casos
Trátase dun home de 45 anos que tiña patoloxías previas e que estaba ingresado na Coruña. Dos casos activos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio.
Os partidos galegos acordan a suspensión das eleccións do 5A polo coronavirus
Todos os participantes na xuntanza coinciden na conveniencia do aprazamento e o Goberno confirma que, polo momento, non se fixará unha nova data. PSdeG e BNG sinalan a necesidade de fixar un "criterio" claro para fixar a nova data e Galicia en Común inciden en que o "consenso" que presidiu a decisión do adiamento se manteña para retomar o proceso
Sindicatos da planta de PSA en Vigo mobilizaranse se a empresa non paraliza a produción polo coronavirus
Consideran que as decisións tomadas ata o de agora son "insuficientes" para garantir a seguridade dos traballadores e insisten nun peche inmediato. A empresa argumenta que a declaración do estado de alarma non esixe que as industrias deixen de funcionar
Contos e Novo Cinema Galego de balde para pasar mellor o confinamento
A web de Novo Cinema Galego, que funciona como arquivo dos traballos deste movemento cinematográfico, propón un ciclo de 15 filmes para ver online. De igual xeito, o Festival Atlántica de narración oral está a colgar vídeos con contos "para nenos e maiores" dalgúns dos e das artistas da edición que tivo que ser suspendida.
O aplauso ao persoal sanitario e ao sistema público de saúde convértese no símbolo da loita contra o coronavirus
Todos os días ás 20 horas milleiros de persoas aplauden dende as súas casas aos traballadores e traballadoras do Sergas, recoñecendo o seu traballo. O persoal está a responder a estes agradecementos a través das redes sociais.