A suba da incidencia da COVID en poboación non vacinada quintuplica o incremento global de Galicia
Entre a poboación de 12 a 29 anos, a incidencia acumulada do coronavirus a 14 días rolda os 300 casos novos por cada cen mil persoas mentres que nos grupos con maior cobertura completa da vacina non chega aos 20. O Sergas notificou este martes 235 casos novos