- Datos Coronavirus
- Acontece
Os maiores de 80, de encabezar o incremento de mortes coa COVID a ser o grupo no que menos soben tras a vacinación
Máis do 70% das persoas que morreron en Galicia coa COVID tiñan 80 ou máis anos e neste grupo de idade o ritmo de falecementos ligados á pandemia cae a maior ritmo que no resto da poboación dende o comezo da vacinación. Antes da vacinación, as mortes coa COVID de persoas que viviran en residencias chegaran a ser o 40% do total, con ata 790 falecementos; dende marzo non se rexistra ningunha