Os cazadores galegos poderán ignorar as restricións de mobilidade e reunión pola COVID cando persigan lobos e xabaríns
A Consellería de Medio Ambiente publicou unha nova excepción ás medidas en vigor en case 70 concellos, que non se aplicarán aos cazadores cando vaian detrás destas dúas especies. Nos últimos días unha celebración de cazadores nun restaurante de Sarria provocou un gromo de importancia, que elevou a incidencia do coronavirus neste concello ata o nivel máximo declarado pola Xunta.