![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/peregrinos-61a028c.jpeg)
Os peregrinos a Santiago diminúen, pero seguen chegando un mes despois do peche da cidade polo coronavirus
A Xunta interpreta que as persoas que estean facendo o camiño e poidan acreditalo con selos poden entrar e durmir en Santiago
A Xunta interpreta que as persoas que estean facendo o camiño e poidan acreditalo con selos poden entrar e durmir en Santiago
A melloría nas cifras asenta nesta fin de semana, cun descenso en número de novos positivos, incidencia acumulada, positividade das PCR e hospitalizacións.
Hai 1.062 positivos nos centros educativos de Galicia, coas áreas de Vigo e da Coruña como as máis afectadas.
Sanidade informa este sábado de 355 casos novos de coronavirus, consolidándose o descenso aos poucos dos últimos días e relaxando a presión hospitalaria, pero con doce novas mortes máis no cómputo oficial.
O Sergas suma 441 novos casos por segundo día consecutivo e define a situación como de "estabilidade con tendencia ao descenso". Sanidade, que ultima un plan de 'desescalada', incorpora tres concellos do Salnés e outros tantos da Costa da Morte ás restricións máis severas, das que saen os municipios de Viveiro, Toén, San Cibrao das Viñas, O Pino, Vedra e Mugardos.
Representantes dos traballadores e de familiares e residentes nestes centros de maiores relataron as precarias condicións e as "carencias" agravadas pola pandemia dun modelo "desprezable" e no que piden cambios axiña.
O presidente da Xunta avoga por non contabilizar os e as menores de 10 anos e propón que as limitacións teñan en conta o número de fogares ou de unidades de convivintes que se xuntan e non o número de persoas que os integran. Dende o ámbito sanitario reclámase prudencia no relaxamento das restricións e recoméndase evitar os encontros en espazos interiores con persoas coas que non se convive.
Os positivos en residencias sociosanitarias son agora o 8% dos positivos activos, incluíndo o persoal, pero as mortes de persoas que vivían nestes centros son o 43% dos ligados á COVID-19 en Galicia. A Xunta anuncia "cribados semanais" e un "plan de choque" para estas instalacións
O Sergas suma 441 novos casos, un descenso a respecto da xornada previa malia á realización de máis probas PCR, e computa 3 falecementos, dous deles do pasado martes. A leve baixada aínda non se percibe con claridade nos datos xerais de incidencia a 14 días; por cidades, Pontevedra e Vigo seguen rexistrando as máis elevadas e Santiago e Ourense, as máis baixas
O Sergas suma outros 531 positivos e nove mortes máis a apenas dez días do horizonte marcado pola Xunta para avaliar se cómpre manter de maneira xeral as restricións impostas co obxectivo declarado de "resetear" o sistema sanitario e "salvar a campaña de Nadal". A incidencia acumulada a 14 días sitúase nos 266 casos novos por cada cen mil habitantes, pero con notables diferenzas por áreas e concellos mentres a hospitalización segue descendendo moi lentamente
O Sergas notifica 327 novos contaxios diagosticados por PCR. A incidencia da enfermidade segue a reducirse, aínda que se mantén a porcentaxe de probas positivas. O número de mortes ascende a 1.161, pero diminúe o número de camas ocupadas nos hospitais