Feijóo súmase á sucesión de propostas para os límites ás xuntanzas do Nadal mentres os expertos piden "protexer os vulnerables"
O presidente da Xunta avoga por non contabilizar os e as menores de 10 anos e propón que as limitacións teñan en conta o número de fogares ou de unidades de convivintes que se xuntan e non o número de persoas que os integran. Dende o ámbito sanitario reclámase prudencia no relaxamento das restricións e recoméndase evitar os encontros en espazos interiores con persoas coas que non se convive.