A Xunta advirte que a reforma sanitaria que tramita o PP pode deixar sen axudas a vítimas de violencia machista
As infraccións sanitarias moi graves contemplan como sanción accesoria “a prohibición de percibir calquera tipo de axudas” e a Secretaría Xeral da Igualdade sinala as “consecuencias que a aplicación práctica desta previsión pode ter” para vítimas de agresións machistas