Galicia é unha das catro autonomías sen a app Radar COVID e a Xunta "traballa" para tela activa este mes
Sanidade asegura que "está traballando conxuntamente" co Goberno de España para "poñer en marcha a aplicación" e di pretender que "isto sexa posible" arredor do 15 de setembro. O dato galego de contactos identificados por cada positivo é mellor que a media estatal, pero a porcentaxe de novos casos con orixe descoñecida do contaxio é a peor do Estado