Feijóo insinúa falta de "prudencia" das autonomías que publican datos da COVID-19 abertos e por territorios
O presidente apela ao “segredo profesional” para non divulgar datos desagregados que si se están a facilitar na gran maioría do resto do Estado. "Non é un problema de ocultación, é un problema de prudencia", xustifica mentres autos xudiciais reflicten datos do coronavirus por concellos que o Goberno galego non publica