Incendios
"Falta de coordinación" e "perda de tempo" na investigación de incendios de Xunta e Garda Civil, di a Fiscalía
A memoria anual da Fiscalía de Galicia reflicte os problemas detectados nos últimos meses coas pulseiras anti maltratadores, con incidencias "todos os días" e problemas de "operatividade" en "poboacións pequenas ou fronteirizas con Portugal"
Preto de 4.000 hectáreas arderon en 40 incendios este ano, á espera da chuvia
Se as previsións meteorolóxicas se cumpren, a chuvia chegará nas vindeiras horas a boa parte de Galicia e, xunto coa baixada das temperaturas, permitirá acabar cos incendios forestais que nos últimos días están a arrasar centos de hectáreas.
No que vai de ano a superficie ardida ascende a preto de 4.000 hectáreas en 42 incendios, segundo a información oficial da Consellería de Medio Rural, que por norma xeral só detalla os incendios de máis de 20 hectáreas ou que ou atinxan a espazos habitados ou áreas naturais protexidas
A nova lei de incendios prevé máis "paisaxes mosaico" no monte e endurecer as multas por non rozar
O borrador prevé elevar ata 100.000 euros as sancións a que non limpe as franxas, duplicar a distancia de seguridade aos núcleos en zonas estratéxicas —de 50 metros a 100— e pon o foco no risco que supoñen as zonas interface urbano-forestal. A norma leva seis anos aparcada: o Goberno de Feijóo anunciouna por primeira vez en 2020 para remudar a do Goberno de PSdeG e BNG e o de Rueda presentouna outra volta en 2023
O incendio de Quiroga xa é o segundo maior do ano en Galicia
O fogo, xa estabilizado, queimou 470 hectáreas e só é superado polo que calcinou 750 en Ponteareas o pasado mes de abril. A superficie afectada é case a metade de toda a ardida no verán.
64.000 euros en 8 anos: así vai a idea de Feijóo de que donos de terras sen limpar paguen a extinción dos lumes
Rueda quere que Naturgy pague 1,6 millóns por un incendio, pero desde que en 2018 entrou en vigor a lei para repercutir o custo da extinción a propietarios que non xestionen a biomasa, a Xunta só pediu os cartos 15 veces malia que debe facelo de oficio
Rueda acusa unha compañía eléctrica de causar un incendio en Padrón de 373 hectáreas
O presidente anuncia que a Xunta reclamará á empresa 1,6 millóns de euros como "responsable desta neglixencia" e lembra a obriga dos propietarios de limpar as parcelas
Un Xefe de Brigada improvisado en Lugo, exemplo dun sistema de loita contra o lume "ineficaz e precario"
O anterior Goberno municipal lucense acordara non constituír a brigada municipal, atendendo aos problemas que o propio modelo presenta. O Executivo de Candia apostou por facelo pero o empeño dos populares chocou coa realidade e a dificultade para atopar un Xefe de Brigada e finalmente decidiu a adscrición temporal para o posto dun xefe de servizo funcionario. Porén, a brigada segue sen constituírse a finais de agosto.
Vinte anos da vaga de incendios de 2006: o lume que nos levou ao futuro
Hai dúas décadas, as lapas arrasaron 77.000 hectáreas e provocaron a morte de catro persoas en menos de 15 días que anticiparon os voraces e incontrolables fogos impulsados agora polo cambio climático. Aquel episodio, de fondo impacto social, serviu ao PP de Feijóo para despregar a súa faceta máis dura contra o goberno de PSdeG e BNG.
Reflexións sobre a xestión forestal galega
Santos Gabriel Areas Ruiz
O lume na Meseta confirma as alertas climáticas sobre os novos incendios que xa sufriu Galicia
As lapas que sofre o centro peninsular ratifican os avisos que expertos levan lanzando sobre a nova tipoloxía duns fogos avivados polo impacto do cambio climático. As abundantes chuvias do inverno fixeron crecer de xeito exuberante vexetación que, tras a forte calor dos últimos meses, convértese en combustible idóneo para a expansión das chamas.
"Terrorismo" incuestionable, crise climática relativa fronte ao lume
Nos seus anos como presidente Feijóo puxo o foco no "terrorismo incendiario" cunha firmeza e recursos que contrasta coa actitude actual dos populares ao abordar o cambio climático como clave no agravamento do incendios forestais