Movementos pola memoria histórica reivindican en Meirás a apertura do pazo e o freo á "rapina" dos Franco
"Estamos aquí porque a batalla por Meirás non rematou" subliñou o movemento 'Defende Meirás' na primeira marcha tras a sentenza xudicial que ratificou que o pazo é patrimonio público e non dos herdeiros do ditador. A plataforma lamenta que o Estado non permitise celebrar o acto nos xardíns do Pazo: "Nunha democracia normal, as portas estarían abertas", afirman