A xustiza desestima a demanda dos Franco contra Carlos Babío, un dos principais investigadores do espolio de Meirás
Denunciaran o historiador e outras oito persoas tras a súa participación nun programa televisivo. Un xulgado de Madrid aclara que a liberdade de expresión e información prevalece sobre o presunto atentado contra o dereito ao honor da familia do ditador.