A Xustiza ratifica que Meirás é do Estado pero ordena indemnizar os Franco por permitirlles retelo durante décadas
A Audiencia Provincial confirma que o inmoble é patrimonio público pero recoñece o dereito á indemnización dos herdeiros do ditador e advirte que a Administración tratounos "como donos" ata agora e que ostentaron as Torres "de forma pública, pacífica e ininterrompida".