O conde de Fenosa ameaza con quitar ao Concello de Sada o terreo dun colexio tras retirar o nome de Barrié dunha rúa
Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, pide ao alcalde que se "absteña" de construír unha cidade deportiva na parcela do centro cedida pola entidade nos anos 70 e ameaza con "revogar as doazóns e exixir a súa reversión".