
Dez anos dos floteis, inicio solemne do fiasco de Pemex en Galicia co aval de Feijóo
A Xunta solemnizaba hai unha década en vésperas electorais o acordo para a construción de dous buques-hotel. Foi o único encargo para estaleiros galegos dunha "alianza estratéxica" que acabou con moreas de promesas incumpridas, investigacións xudiciais e o histórico Barreras quebrado.