A Xunta segue co seu plan contra as baixas: reduce trámites das mutuas e crea dúas novas unidades sanitarias
O Goberno galego pon en marcha dúas novas medidas do seu plan para controlar as incapacidades temporais: abondará unha única solicitude para todas as probas que a mutua privada queira solicitar a un traballador e haberá en cada área sanitaria unha unidade de patoloxías musculo-esqueléticas e outra de psiquiatría menor, doenzas "que representan o 60% das baixas laborais en Galicia".