Pola sanidade pública
Sanidade non concreta como supervisará o persoal médico en formación que pase consulta este verán
O plan asinado polo Sergas non especifica quen asumirá a responsabilidade da supervisión dos médicos en formación en cada momento, mentres que o Ministerio implica a todos os profesionais dun centro na supervisión dos residentes. "Se se cumpre a supervisión, estes residentes estarán en centros grandes onde normalmente xa non se substitúe. Polo tanto, o que este plan pode aportar para resolver problemas é mínimo", explica Manuel G. Moreira, da CIG-Saúde
Sanidade aproba que persoal médico en formación pase consulta no verán e di que o Ministerio "non achega" solucións
Os residentes de Medicina de Familia e de Pediatría no seu cuarto ano de formación poderán actuar como médicos coa especialidade xa rematada e facer substitucións. Unha circunstancia excepcional que será voluntaria, retribuída e só durante os meses de estío
A espera de consultas especializadas dispárase en Ourense, con 3.000 persoas agardando máis dun ano para rehabilitación
Se a media de espera xeral en toda Galicia é de 73 días, dez máis que medio ano antes, no CHUO é do dobre, 141 días, 24 máis que no anterior balance
150 reclamacións nunha mañá por falta de médico no Courel
"Non houbo médico a mañá do luns e tampouco os vai haber o mércores e o venres", detalla a veciñanza que participou no 'colapso' simbólico dos centros de saúde de Folgoso e Seoane do Courel para denunciaren as carencias de atención sanitaria neste Concello da montaña lucense. Mentres, a Xunta asume que este verán volverá faltar persoal médico nos centros de saúde, pero culpa o Estado
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
"O cancro non espera": pacientes de Oncoloxía do CHUS denuncian os continuos atrasos nos tratamentos e revisións
A Asociación de Pacientes e Usuarios do Hospital Clínico de Santiago volve denunciar que as e os doentes de cancro sofren atrasos de ata seis meses nas súas revisións e situacións de "saturación" no servizo que eleva as esperas nos tratamentos. Falamos con algunhas das pacientes e familiares afectadas.
A Xunta asume que volverá faltar persoal médico de familia no verán e pide que o Estado o solucione
O conselleiro Caamaño defende que a falta de persoal médico de Primaria no verán é "un asunto de competencia estatal" e pide unha reunión "urxente" á ministra de Sanidade. En realidade, o emprazamento parte da dirección estatal do PP como reproche a Mónica García. tras participar nunha manifestación contra a xestión sanitaria de Ayuso. Hai dous anos, o Sergas e o Concello de Sanxenxo ofreceron pisos de balde a persoal médico de fóra de Galicia que fose traballar a centros de saúde da vila durante o verán
"Os médicos non puideron aplicar o tratamento adecuado por falta de medios": o Sergas é condenado por tardar nun ictus
"A falta de medios ha de imputarse á administración sanitaria", di o TSXG nunha sentenza que condena a Sanidade a indemnizar con 70.000 euros as secuelas dunha muller atendida no servizo de Neuroloxía da Coruña
Sanidade prescinde de Eloína Núñez e Félix Rubial nas xerencias de Santiago e Ourense
Tal e como xa anunciara o novo conselleiro de Sanidade da Xunta de Rueda, Antonio Gómez Caamaño, chegan cambios a algunhas xerencias, que foron anunciados este sábado por medio de tres comunicados de prensa, un por cada área afectada. Ángel Facio substitúe a Eloína Núñez en Santiago e Barbanza; Santiago Camba asume o cargo que ata agora tiña Félix Rubial en Ourense, Verín e O Barco; e Fernanda López Crecente farase cargo da área de Ferrol
Mareos, dor de cabeza, tos: sen cuantificar a exposición a tóxicos en anatomía patolóxica do CHUS
A Inspección de Traballo instou de maneira firme a xerencia da área sanitaria de Santiago e O Barbanza a realizar unha medición homologada que permita cuantificar os gases no ambiente dentro do laboratorio de anatomía patolóxica, no que traballan con formol. Mareos, dor de cabeza, tos, irritación dos ollos e da gorxa e malestar xeral son algúns dos síntomas que as profesionais relatan a Praza.gal
Nova condena á Xunta por un suicidio dunha persoa ingresada con problemas psiquiátricos
A xustiza volve evidenciar eivas na atención psiquiátrica do Sergas, agora por non avaliar o risco nin aplicar o protocolo de prevención a un home con antecedentes que ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo dicindo que quería morrer
A 'segunda volta' do MIR deixa 42 prazas de medicina de familia baleiras, a maioría en Lugo e Ourense
A quenda extraordinaria do MIR logra adxudicar só 21 das 63 prazas MIR de familia que quedaran baleiras en Galicia e as vacantes quedan no 20%, coma o pasado ano. As áreas sanitarias lucense e ourensá non chegaron a cubrir nin a metade das prazas que ofrecían nesta especialidade, clave para a Atención Primaria do Sergas