A eólica mariña morre antes de nacer: as eleccións xerais atrásana cando menos ata 2034
O atraso do Goberno de España e o 29N fan imposible cumprir co obxectivo de instalar ata tres GW de aeroxeradores para 2030.
O atraso do Goberno de España e o 29N fan imposible cumprir co obxectivo de instalar ata tres GW de aeroxeradores para 2030.
O pagamento medio aos propietarios dos terreos en Galicia representa aproximadamente o 2% dos ingresos brutos do promotor cando o habitual noutros territorios é o 4%, detalla o Observatorio Eólico nunha análise coa que buscan mellorar a posición negociadora das comunidades rurais. En case 9 de cada 10 casos o promotor paga o propietario "un importe que equivale o 15% do máximo que estaría disposto a pagar antes de que o proxecto deixe de ser rendible", explica a entidade.
Co Concello do PP tamén en contra, Medio Ambiente tomba un parque proposto na Lama que prevía primeiro seis xeradores e despois baixou a un pero que incluso así "agravaría" o "alto nivel de ocupación" xa existente
Como cos eólicos, a plataforma SOS Groba e o Concello de Oia, do PP, están a mobilizarse para presentar alegacións contra os proxectos
O alto tribunal, que xa ratificara anulacións do TSXG de parques da Xunta, invalida agora un de competencia estatal polo principal motivo de queixa dos ecoloxistas, que non se analizou o seu efecto acumulativo con outros xa existentes
O ministerio fiscal considera que a presidenta da sala do Contencioso-Administrativo actuou "sen criterios obxectivos e predeterminados" e "con falta de motivación suficiente"
Á espera do novo e demorado Plan Eólico, comprometido en 2009 e que non estará rematado ata 2028, o Goberno vén rexeitando proxectos pola "masificación" xa existente nalgúns lugares, agora entre Baleira e Castroverde
Tras recibir denuncias de varios colectivos a Fiscalía Superior de Galicia remite o caso á do Supremo por afectar a persoas aforadas
O Goberno galego crea dúas mesas de traballo nas que dá máis voz a empresas que a ecoloxistas e limita a participación doutros colectivos sociais á fase de alegacións da avaliación ambiental do documento, trámite co que non contou o plan actual
Os populares recorren a estratexias de protesta como a distribución de alegacións xenéricas para que as asine a cidadanía de xeito masivo ou a organización de charlas e pronúncianse oficialmente "contra estes proxectos"
Na véspera do traslado forzoso dos maxistrados Villares e López fóra da sección do Tribunal Superior galego que axuíza eólicos e contratos da Xunta, o alto tribunal estatal rexeitou intervir sobre o seu freo cautelar do parque Acibal, en Moraña. O Supremo inadmitiu o recurso da Xunta por "falta de fundamentación" e ao considerar que "o realmente pretendido" non era obter unha xurisprudencia xeral, senón conseguir reverter a decisión "no caso concreto litixioso"
A vicevoceira parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil, ve "evidente" que "o poder das eléctricas e os tentáculos do PP na xudicatura son cada vez máis extensos". A deputada socialista Patricia Iglesias expresa "preocupación" ante a alerta de Xuíces para a Democracia por unha "mobilidade forzosa" que non é "normal" e subliña que "o caos eólico ten un responsable, o Goberno galego"