O Concello de Vigo é condenado por vulnerar dereitos fundamentais dunha veciña co ruído das festas de Nadal
O TSXG censura que o Concello "mantívose inactivo respecto da contaminación acústica que se producía" malia que "existe un deber dos poderes públicos de garantirnos o goce do noso descanso e tranquilidade mínima"