- Entrevista | Santiago Ferragud 50 anos 10M 1972
- Cultura Vigo
"Manter Vigo paralizada dúas semanas cunha folga en 1972 demostrou ao poder o auténtico talante da sociedade"
Unha moza, Xoana, colaboradora do Padroado de Historia de Vigo, investiga feitos relevantes do pasado da cidade como a folga de 1972. Contará, para iso, cunha axuda inesperada, a de Irene, unha muller doutra xeración coa que vai creando unha estreita relación. A amizade entre elas é o fío condutor de Todo chega desde o mar (Medulia), de Santiago Ferragud, unha novela na que Vigo, coa súa puxanza e tamén as súas contradicións, é a verdadeira protagonista.