Nos últimos días en numerosos postes e sinais de tráfico do centro apareceron colocadas unhas caixas sen identificar que, segundo denuncia o grupo municipal do Bloque, parecen estar destinadas á medición de afluencias e control de aglomeracións. Segundo informan desde a forza nacionalista, os dispositivos da marca Wolt están situados nos arredores da rúa do Príncipe e os puntos nos que están instalados non contan con ningún tipo de rótulo ou indicativo que informen expresamente da súa presenza. Dese o Concello, pola súa banda, aseguran que está a probar a tecnoloxía "dun proxecto piloto que mide os niveis de ocupación para adoptar medidas relacionadas co tráfico".