Aena traballa para reabrir Peinador “a partir do luns” tras estar inactivo desde o venres por unha fochanca na pista
Varias ducias de voos están a verse afectados, con cancelacións e desvíos a Santiago
Varias ducias de voos están a verse afectados, con cancelacións e desvíos a Santiago
A Xunta somete a información pública, novamente acelerada, o segundo dos varios parques con medio cento de xeradores que se están a tramitar na zona, visibles desde os seus principais puntos turísticos
A escritora viguesa Ledicia Costas aborda o tema dos coidados e a conciliación persoal e familiar na súa última novela, 'Golpes de Luz', un libro que se contrapón a 'Infamia' desde a propia construción do relato. "Non esperaba atreverme a escribir unha novela na que unha das protagonistas fose unha muller de oitenta anos e conseguir que fose carismática", conta nesta conversa arredor da novela editada por Xerais.
A CIG Saúde impulsou a folga para todo o persoal dos centros de saúde da Guarda, O Rosal e Oia ata o día 24 pola "situación de sobrecarga e presión" e a falta de médicos de Familia. "A cuestión é clara: a nosa responsabilidade é atender aos nosos pacientes e a do Sergas é pór os medios e o persoal axeitado para poder facelo", di o médico Álvaro Lamas
Viaxando polos continentes é o proxecto do alumnado do segundo curso do ciclo superior de Integración Social do colexio San José da Guía da man da asociación Provivienda, que os puxo en contacto cun grupo de rapaces migrantes acabados de chegar a Vigo
Marta Fernández-Tapias faise coa presidencia do PP de Vigo con chamadas á "unidade" dentro da formación para "conectar" coa cidade, mentres Feijóo salienta que é "o primeiro paso para superar os humillantes resultados das eleccións municipais de 2019"
O xornalista brasileiro Wagner G. Barreira descubriu por casualidade que o seu avó, que emigrara de Vigo en 1918, chegara no barco que levou a 'gripe española' ata América do Sur e converteuno no protagonista da ficción Demerara, publicada en galego por Galaxia
O executivo comunitario propón adiantar prazos das actuacións previstas nos grandes corredores de transporte da UE, como o Atlántico do que xa forma parte Galicia, e anuncia novas medidas de mobilidade urbana para todas as cidades de máis de 100.000 habitantes
Comuneiros e comuneiras de Couso, Gondomar, con recoñecementos internacionais pola súa xestión forestal, lanzan unha recollida de fondos de 21.600 euros para crear o Bosque da lingua
A comisión organizadora do congreso do PP vigués asegura que o partido detectou ata 35 intentos de afiliacións "irregulares", dezanove deles con cotas cargadas á conta do ex-conselleiro Javier Guerra, que se enfronta polo liderado á delegada da Xunta na cidade, apoiada por Rueda. Afirma que outras dezaseis ían domiciliadas a contas de persoas que "nalgúns casos, ostentan postos de representación do PP no Concello de Vigo", onde actualmente teñen 4 edís
CIG e CCOO temen que o interese de promotoras inmobiliarias polos terreos de Vulcano en Teis e de Barreras en Beiramar rematen coa construción naval nos dous estaleiros máis grandes da ría de Vigo, mentres denuncian a inacción das Administracións públicas
Representantes de diversas formacións políticas e entidades civís de Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia escenifican o rexeitamento social