A Xunta dá por "perdido o interese natural" dun monte que ela mesma arrasou e volve incluílo na Plisan tras rexeitalo o Supremo
Goberno galego, Zona Franca e Porto de Vigo incluíron ilegalmente na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves preto de 700.000 metros cadrados con protección forestal que agora volven ao proxecto porque “recompoñer o seu estado inicial ten un custo moi elevado”