A memoria do Vigo que foi, en 500 fotos xornalísticas de libre acceso en internet
A Deputación de Pontevedra dixitaliza e publica o fondo fotográfico da Asociación da Prensa de Vigo, con imaxes da vida social, política e cultural da cidade e doutros puntos da provincia pontevedresa a finais dos anos 70 e principios dos 80 do século pasado